ARCADIA
ebook

ARCADIA. OS GARDIÁNS DO SECRETO

Editorial:
CÍRCULO ROJO
ISBN:
978-84-9030-955-1
Páginas:
439
Formato:
PDF
Derechos eBook:
Copiar/pegar: Prohibido.
Imprimible: Prohibido.
DRM
Si

Roi Pereira, correspondente dun importante xornal francés, chega ao Cairo coa misión de redactar unhas crónicas sobre o desenvolvemento dos traballos nuns xacementos arqueolóxicos de Alexandría e Guiza. Mais o tranquilo acontecer cotiá rómpese ao aparecer asasinada en estrañas circunstancias Carol Ardent, a directora do grupo de Alexandría, e ao descubrirse a desaparición duns importantes códices e tabelas de arxila en posesión da arqueóloga. Ao pouco tempo aparece a noticia da morte, en Nápoles, do cardeal Castigliani en circunstancias parecidas.

En ambos os dous asasinatos os cadáveres amosan unhas misteriosas figuras xeométricas e outras manipulacións. A investigación dos crimes, á que se incorpora Roi Pereira e o experto do Vaticano Xacobe de Ulloa, conduce á descuberta dunhas enigmáticas mensaxes que os mergulla nun mundo sórdido e velado no que as tensas relacións internacionais se van entrelazando cuns relevantes achados pertencentes ás antigas civilizacións de Exipto e Mesopotamia. Nesa altura a situación económica sofre un importante deterioro, por causa dos problemas da crise financeira global, que se agrava cun rocambolesco roubo de ouro na Reserva Federal de Nova York. Os tambores de guerra soan en Medio Oriente e a Igrexa Católica enfróntase a un cisma capitaneado polo sector tradicionalista do que Castigliani era un dos seus líderes máis carismáticos. As investigacións levarán aos destemidos protagonistas por medio mundo e, ao final do seu periplo, cheo de excitantes e perigosas aventuras, asistirán a un sorprendente e revelador desenlace.